20 dic 2010

TodoFP.es

Hoxe o Ministro de Educación, Ángel Gabilondo, presentou un novo portal web para informar e orientar sobre toda a Formación Profesional: www.todoFP.es (click na imaxe)

Corto para reflexionar



16 dic 2010

Bo Nadal e mellor 2011

Aquí tedes a miña felicitación de Nadal e os meus mellores desexos para 2011:
(Se premedes na imaxe veredes que ben bailo)

13 dic 2010

Recurso educativo

Para os temas de privacidade e de coidado da imaxe en Internet e con teléfonos móbiles:

8 dic 2010

Simpático vídeo

Promoción de la HD de Canal+


Gracias a Iván, que me proporcionou o enlace.

1 dic 2010

25 nov 2010

Día de Eliminación da Violencia contra a Muller

O máis cercano ao noso mundo, o que nos toca máis preto e é máis habitual, é a violencia, tanto física como psíquica, que sufren as mulleres a mans das súas parellas. Sangrantes son as mortes que se producen de cotío no noso país por este motivo. Pero, neste noso mundo tamén podemos falar dos enganos, vexacións, maltratos, violacións e esclavitude das que son obxecto, tanto por mafias como por individuos illados, mulleres deste e doutros países.
Todo o que ocurre aquí, neste mundo máis próximo a nós, é extrapolable a nivel mundial. Como di Nacións Unidas, segundo varias enquisas a nivel mundial a metade dos asesinatos sobre mulleres prodúcense polas súas parellas ou exparellas e calcúlase que, tamén a nivel mundial, o 20% das mulleres sufrirán unha violación o, como mal menor, un intento.
Como podedes calcular, noutras rexións con conflictos armados, ou outras culturas ou con relixións aínda máis restrictivas coa muller, as cifras de violencia de xénero son moito máis abultadas.
(Imaxe de Heart Industry en Flickr)
O único que se me ocurre dicir dun individuo que actúa desta forma é que é un mal nacido. Esqueceu que ten nai, que a súa nai é unha muller.
Cada membro do alumnado confeccionou un artigo falando deste día que podedes consultar nos seus blogs. A ver que tal...

23 nov 2010

Coidamos a nosa privacidade?

Onte, en twitter e grazas a Víctor Cuevas (@vcuevas) entereime da existenza deste vídeo que redunda no xa falado en clase:

21 nov 2010

Cancións con Matemáticas

Hai moitas cancións que inclúen expresións matemáticas, correctas ou non. Espero os vósos comentarios dicindo cal é a expresión matemática deste tema de Fito Páez e Joaquín Sabina; e tamén indicando se é correcta ou non. Tamén podedes comentar sobre o título doutras cancións con expresións matemáticas.

19 nov 2010

Delitos na rede

Hoxe hai novas nos medios de detencións e de actuacións xudiciais que teñen moito que ver co comportamento na rede. Evidentemente en Internet non vale todo e non se poden facer inxurias (aínda que sexan anónimas) e telas publicadas ou non se pode usurpar a identidade doutra persoa (moito menos chantaxeala).
Importante saber comportarse, parece que hai xente que cre que na rede non hai normas.

17 nov 2010

Algunhas consecuencias de publicar fotos indebidas

(Foto de Flickr de Juanedc)
Unha das más reiteradas advertencias que se fai ao alumnado que quere publicar un artigo é a de ter permisos para publicar, se é o caso, as fotos. A educación e a netiqueta deben estar sempre presentes en todas as nosas actuacións en blogs, redes sociais e outras webs. Leo hoxe unha nova da sentencia que condena ao pai dun adolescente a pagar polo que fixo o seu fillo, publicar unha foto ofensiva dunha quinceañeira en Tuenti. Para que vexades que as advertencias que se fan non son gratuítas.

Pau cambia o seu nome, agora é Kimbo

12 nov 2010

En pleno traballo

Este é o meu alumnado de Informática en pleno traballo cos blogs. Creo que os hai bastate ilusionados e, incluso, aprenden... ;-)

Unha relación dos seus blogs está no apartado de "Blogs de Informática" deste blog. Tede en conta que están empezando.
Ánimo e traballade moito

11 nov 2010

Coidado! Desprendementos...

Medo dá pasar pola rúa que vai entre o asilo e a casa da imaxe. Xa hai anacos de tella e outros restos da parede e o tellado no chan máis pegado a esas ¿ruínas?.  Moito coidado se atravesades por aí.

9 nov 2010

Paremos esta barbarie!!

Co sucedido hoxe en Mallorca van xa 60 mortes por violencia de xénero en España neste ano. Paremos esta lacra dunha sociedade que debera comportarse como no século XXI e está a comportarse, nalgúns casos, de xeito medieval.

3 nov 2010

Como axudar dende a casa

No suplemento "La voz de la escuela" de "La Voz de Galicia" de hoxe hay unhas indicacións para pais e nais de como crear un bo ambiente para facilitar o estudo dos fillos e fillas. Como resumo póñovos unha imaxe de como se pode axudar dende casa (preme para vela máis grande):

25 oct 2010

Novo curso, nova etapa

Ben comezado xa un novo curso, queremos darlle un novo impulso ao blog. Será un lugar de intercambio de información de todo tipo, de colaboración da comunidade educativa e un espazo para compartir todo aquelo que faga referencia á vida do centro, da vila e dos nosos intereses.

25 mar 2010

Granizada

Hoxe a primavera fixo das súas. Caeu unha granizada a media mañá das que fan quedarse pasmado mirando o fenómeno metereolóxico. Dun tamaño como dunha canica e dunha duración de dous a tres minutos a ritmo moi forte, o alumnado estaba expectante e curioso. Poderei atraer esa curiosidade cando explico na pizarra? Intentareino.
;-)

26 feb 2010

Tuenti

Escasos son os alumnos e alumnas do Breamo (e de calquera outro Centro) que non teñen o seu recuncho en Tuenti. Aquí tedes un vídeo que alerta sobre algúns dos perigos destas redes sociais. Iso si, ben usadas non son malas.