(Espero que coherente)
Quero expresar o meu máis profundo rexeitamento ás medidas aplicadas polos nosos gobernantes nestes últimos tempos. Recortes na Educación pública, na Sanidade pública e demais servizos sociais; suba de impostos a todas as clases sociais (IVE); amnistía fiscal aos grandes defraudadores; privilexios á banca e aos que nos levaron a esta situación; recortes aos funcionarios; reforma laboral máis que inxusta; ... Non sigo, podedes engadir nos comentarios as medidas que non vos gusten.Lendo o anterior parece claro que secundarei a folga xeral convocada para o vindeiro 14 de novembro. Pois non, non a secundarei. E non, non é que esté mal da cabeza (
- Economicamente non me podo permitir outra folga. Aínda me teñen que descontar o correspondente á folga anterior que si secundei (creo recordar que foi o 29 de marzo e non sei a canto ascende a derrama) e, ademais das baixadas de soldo anteriores, acábanme de recortar un 7% -aproximadamente- do soldo (recorte que notarei en decembro coa perda da extra).
- (A máis importante) Hai poucas semanas que unha ampla maioría da sociedade galega avalou esta política. Entre os que votaron ao PP e os que se quedaron na casa, ao meu entender, demostran que gran parte dos galegos e galegas son partidarios de seguir como estamos.
Tendo en conta que a miña economía resentirase menos se non secundo a folga e contando que xa me manifestei onde máis nos debemos manifestar, que son as eleccións; e aí, nesa manifestación, democraticamente, arrasaron (45,72% dos que votaron e 36,2% dos que podían votar) os partidarios de seguir como estamos; eu, defensor da democracia, o 14N irei ao meu posto de traballo aínda que apoio todas as reivindicacións dos convocantes. CONTRADICIÓNS!! Coherencia??, non sei.
Deixo unha pregunta no aire: Cantos dos convocantes, cantos dos que ese día serán piquetes ou cantos dos que ese día farán folga, non votaron o 21-O (ou, o que é peor, votaron ao PP avalando as súas políticas)?
Guste máis ou guste menos o sistema electoral, o sistema de partidos, ou outras razóns argumentadas, ningunha pode xustificar a non participación nas urnas, agás a de "non me importa".
Pois iso...
Foto de Innobasque en imágenes |