9 nov 2010
Paremos esta barbarie!!
Co sucedido hoxe en Mallorca van xa 60 mortes por violencia de xénero en España neste ano. Paremos esta lacra dunha sociedade que debera comportarse como no século XXI e está a comportarse, nalgúns casos, de xeito medieval.
5 nov 2010
Un vídeo moi actual
Etiquetas:
escritorio,
monje,
vídeo
3 nov 2010
Como axudar dende a casa
No suplemento "La voz de la escuela" de "La Voz de Galicia" de hoxe hay unhas indicacións para pais e nais de como crear un bo ambiente para facilitar o estudo dos fillos e fillas. Como resumo póñovos unha imaxe de como se pode axudar dende casa (preme para vela máis grande):
25 oct 2010
Novo curso, nova etapa
Ben comezado xa un novo curso, queremos darlle un novo impulso ao blog. Será un lugar de intercambio de información de todo tipo, de colaboración da comunidade educativa e un espazo para compartir todo aquelo que faga referencia á vida do centro, da vila e dos nosos intereses.
25 mar 2010
Granizada
Hoxe a primavera fixo das súas. Caeu unha granizada a media mañá das que fan quedarse pasmado mirando o fenómeno metereolóxico. Dun tamaño como dunha canica e dunha duración de dous a tres minutos a ritmo moi forte, o alumnado estaba expectante e curioso. Poderei atraer esa curiosidade cando explico na pizarra? Intentareino.
;-)
;-)
Etiquetas:
granizada,
meteoroloxía
8 mar 2010
8 de Marzo: Día Internacional da Muller Traballadora
Un vídeo que resume a historia deste día:
26 feb 2010
Tuenti
Escasos son os alumnos e alumnas do Breamo (e de calquera outro Centro) que non teñen o seu recuncho en Tuenti. Aquí tedes un vídeo que alerta sobre algúns dos perigos destas redes sociais. Iso si, ben usadas non son malas.
Etiquetas:
seguridade,
tuenti
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
