Fai un frío que... ata neva no blog. ;-)
(Visto en ciudadblogger)
(08/12/10) PD: Xa deixou de nevar
1 dic 2010
Vídeo do río Eume
Non vou a entrar a facer valoracións, se vedes este vídeo cada un que saque as súas conclusións:
Día Mundial de Loita contra o SIDA
![]() |
| Imaxe de La ignorancia mata en Flickr |
Etiquetas:
sida,
solidaridade
25 nov 2010
Día de Eliminación da Violencia contra a Muller
O máis cercano ao noso mundo, o que nos toca máis preto e é máis habitual, é a violencia, tanto física como psíquica, que sufren as mulleres a mans das súas parellas. Sangrantes son as mortes que se producen de cotío no noso país por este motivo. Pero, neste noso mundo tamén podemos falar dos enganos, vexacións, maltratos, violacións e esclavitude das que son obxecto, tanto por mafias como por individuos illados, mulleres deste e doutros países.
Todo o que ocurre aquí, neste mundo máis próximo a nós, é extrapolable a nivel mundial. Como di Nacións Unidas, segundo varias enquisas a nivel mundial a metade dos asesinatos sobre mulleres prodúcense polas súas parellas ou exparellas e calcúlase que, tamén a nivel mundial, o 20% das mulleres sufrirán unha violación o, como mal menor, un intento.
Como podedes calcular, noutras rexións con conflictos armados, ou outras culturas ou con relixións aínda máis restrictivas coa muller, as cifras de violencia de xénero son moito máis abultadas.
![]() |
| (Imaxe de Heart Industry en Flickr) |
O único que se me ocurre dicir dun individuo que actúa desta forma é que é un mal nacido. Esqueceu que ten nai, que a súa nai é unha muller.
Cada membro do alumnado confeccionou un artigo falando deste día que podedes consultar nos seus blogs. A ver que tal...
Cada membro do alumnado confeccionou un artigo falando deste día que podedes consultar nos seus blogs. A ver que tal...
23 nov 2010
Coidamos a nosa privacidade?
Onte, en twitter e grazas a Víctor Cuevas (@vcuevas) entereime da existenza deste vídeo que redunda no xa falado en clase:
Etiquetas:
internet,
seguridade,
tuenti
21 nov 2010
Cancións con Matemáticas
Hai moitas cancións que inclúen expresións matemáticas, correctas ou non. Espero os vósos comentarios dicindo cal é a expresión matemática deste tema de Fito Páez e Joaquín Sabina; e tamén indicando se é correcta ou non. Tamén podedes comentar sobre o título doutras cancións con expresións matemáticas.
Etiquetas:
canción,
matemáticas
19 nov 2010
Delitos na rede
Hoxe hai novas nos medios de detencións e de actuacións xudiciais que teñen moito que ver co comportamento na rede. Evidentemente en Internet non vale todo e non se poden facer inxurias (aínda que sexan anónimas) e telas publicadas ou non se pode usurpar a identidade doutra persoa (moito menos chantaxeala).
Importante saber comportarse, parece que hai xente que cre que na rede non hai normas.
Importante saber comportarse, parece que hai xente que cre que na rede non hai normas.
Etiquetas:
internet,
perigo,
seguridade
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

