6 sept 2011

Síntome desamparado polo Concello

Levo xa máis de oito meses como representante do Claustro de profesorado no Consello Escolar do IES Breamo. Hoxe tivemos reunión para que o director nos informase da situación na que queda o Centro si se materializan os recortes da Consellería: Despois da perda de TRES docentes no curso anterior que supuxeron grupos amplos, falta de axeitada atención educativa, casos de horarios sobrecargados, etc.; este curso se inicia co recorte de DOUS novos docentes: unha xubilación dun profesor de Matemáticas definitivo e cuxa praza non se cubre figurando ésta no catálogo deste centro e un docente de Francés con Música que é necesario para cubrir as reducción lectivas dos membros do equipo directivo. Sen estos docentes vémonos na obriga de reducir un Agrupamento de Matemáticas en 3º de ESO, as gardas quedarán desamparadas, o cooordinador Abalar vése obrigado a dimitir dese cargo en favor de unha máis ampla oferta educativa no departamento de Matemáticas, haberá máis docentes sobrecargados de horas lectivas, etc.
A esta reunión, como a todas as anteriores desde que eu son membro do C.E., non acudíu ningún representante do Concello.
Eu síntome desprotrexido polos meus gobernantes locais, sinto que non defenden a calidade educativa deste centro, que non miran pola axeitada atención académica dos nosos fillos e fillas e non valoran os postos de traballo no IES.
Estou desexando escribir un artigo desdecíndome e alabando a postura do goberno local pero, ata agora, síntome moi desprotexido e desamparado pola súa pasividade.

Eduardo Crego Alonso


(Foto de Agustín Palmeiro en Flickr)

7 jun 2011

Acoso

Coñeces casos como estos?


Se os coñeces denúnciaos, fala con pais, nais ou profesorado xa que a única forma de acabar con eles é que saian á luz para poder atallalos.

6 jun 2011

Anonimato en Internet

Interesante vídeo que é conta algo máis habitual do que pensamos:

26 may 2011

Sendeirismo

Esta semana estase a realizar unha actividade de sendeirismo polas Fragas do Eume, organizada polo departamento de Educación Física.
Podedes ver unhas imaxes da actividade de 1º e 2º de ESO realizada hoxe:

7 abr 2011

Clases de puntería

Creo que debemos dedicarlle máis tempo e mellores explicacións ás clases de puntería:

É habitual que os corredores, o patio e os arredores do Breamo aparezan nunhas condicións pouco hixiénicas despois dos recreos. Unha pena!