Sempre que empeza un ano propoñémonos accións para mellorar e facemos unhas peticións para ver se se cumpren algúns desexos. Uns pídenllos a Papá Noel, outros aos Reis Magos, outros a santidades varias... hai para todos os gustos.
As miñas peticións van dirixidas a xente máis terrenal, aí van:
- Comezo polo meu alumnado, pídolle que ... LEA, sexa crítico, que se forme o mellor posible, que dubide de todo, sexa curioso e pregunte.
- Ao rei Juan Carlos pídolle que propoña a terceira república.
- A Mariano Rajoy que admita a corrupción no seu partido (secreto a voces), dimita e convoque eleccións.
- Aos votantes pídolle que non voten a ningún partido que leve corruptos nas listas, é dicir, pido o voto en branco!
- Ao que gañe esas eleccións pídolle unha SANIDADE, EDUCACIÓN E SERVIZOS SOCIAIS, públicos e de calidade. Ademais debe traballar arreo para volver a unha tasa de paro decente. Se ademais devolve o poder adquisitivo de todos os traballadores a onde debe estar, xa... doulle un bico. (Polo tanto á LOMCE a freir churros!)
- Aos traballadores (todos) pídolles eso, que traballen, pídolles profesionalidade.
- Á cidadanía tamén lles pido iso, que sexa cidadá, cívica, educada, que predique co exemplo para poder esixir.
- Ao meu conselleiro (algo sinxeliño) pídolle que baixe das nubes e nos dote cunha conexión a internet para o meu centro que nos permita traballar decentemente na nube.
Por último un desexo para todos: Saúde, boas festas e mellor 2014!
No hay comentarios:
Publicar un comentario